Camas “Cota 0”

Grazas ás achegas da Consellería de Política Social e Xuventude, ao longo do ano 2023 comezou a instalación de camas denominadas “Cota 0” para a prevención de caídas
Camas “Cota 0”

O Centro Pai Menni no proceso de eliminación de contencións ao longo do ano 2023 iniciou un proxecto de camas “cota 0”. Estas camas permiten a regulación en altura, en plano horizontal, entre un máximo de 65 cm e un mínimo de 7 cm, ademais da regulación en inclinación de tren superior ou inferior segundo sexa necesario. Isto permite manter a funcionalidade de calquera outra cama, a ergonómia do persoal asistencial e sobretodo a comodidade e seguridade das nosas e nosos usuarias/os.

O investimento que requiren estas importantes melloras foi posible grazas ás achegas da Consellería de Política Social e Xuventude, que coma sempre está ao noso carón.

Unha vez mais agracedemos o seu compromiso co noso centro

Ayúdanos y comparte esta página