A casa museo Rosalía de Castro acolle a exposición : Miradas que falan

A exposición itinerante «Miradas que falan» chega á casa museo Rosalía de Castro en Padrón

Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia na que participan Luis Zahera, Isabel Blanco, Víctor Mosqueira ou Camila Bossa, entre outros actores

  • O proxecto, realizado polo fotógrafo Esteban de la Iglesia, invita a reflexionar acerca da imaxe asociada Esta mañá inaugurouse en La Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón a exposición fotográfica «Miradas que falan», unha iniciativa que xorde da colaboración entre a Asociación AMIPA e o Centro Pai Menni, que uniron os seus esforzos para sensibilizar á sociedade fronte aos prexuízos asociados á discapacidade intelectual.

Quen é o actor e quen a persoa con discapacidade? Quen imita a quen? Estas son algunhas das reflexións ás que invita a exposición «Miradas que falan», unha iniciativa do Centro Pai Menni para Persoas con Discapacidade Intelectual en colaboración co fotógrafo Esteban de la Iglesia.

Os actores Luis Zahera, Isabel Blanco, Camila Bossa, Víctor Mosqueira, César Goldi, Patricia Vázquez, Yolanda Muiños, Belén Constenla e Branca Cendán participaron de forma altruísta neste proxecto co que o Centro Pai Menni quixo sensibilizar e promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual na sociedade. O proxecto confronta 9 retratos de persoas con discapacidade intelectual, todos eles usuarios do Centro Pai Menni, con outros tantos de
actores.

Visitas guiadas

A Asociación Amipa organizará, na Casa Museo Rosalía de Castro, visitas guiada polas persoas con discapacidade intelectual á exposición cos institutos da bisbarra (Rois, Padrón e Dodro), dirixida a grupos de 1º e 2º da ESO o 28 e o 29 de maio; e entre o 2 e o 5 de xuño de 2015. Realizaranse varias dinámicas nas que participarán o alumnado co apoio do profesorado.

Tamén haberá visitas abertas ao público xeral o venres 5 de
xuño (18:00h e 19:00h) e o domingo 7 de xuño (11:30 h e 12:30h).

A visita á exposición «Miradas que falan» se pode
compaxinar coa entrada á Casa Museo Rosalía de Castro.

A inscrición para as visitas abertas ao público pódese facer por teléfono (981 817 202) ou por correo electrónico (asociacionamipa@gmail.com).

Para más información: Asociación Amipa, 981817202

Ayúdanos y comparte esta página