A FESTA PAI
MENNI DE BETANZOS
“CELEBRACIÓN ENTRE AMIGOS”
O pasado sábado 20 de abril, como xa ven sendo
habitual, o centro Pai Menni de Betanzos, de atención a persoas con
discapacidade intelectuaL, celebrou a
festa na honra ó seu patrón San Benito Menni.
O tan esperado día comenzou cunha misa na igrexa de
Santiago de Betanzos. Ata alí achegaronse numerosas persoas, persoal do
Concello entre os que estaba o señor
alcalde e veciños da vila, fíxose unha
mención especial as duas traballadoras do Centro que este ano se
xubilaron. Logo de rematar a misa, os asistentes puideron disfrutar na
Praza da Constitución da actuación do grupo folclórico Azougue, que fixo que a todos nos entrara a fame
despois de bailar con eles unhas pezas de
cancións tradicionais galegas.
De seguido, desplazámonos ata o Pavillón Municipal
cuberto do Carregal, donde se serviu o
xantar elexido polas usuarias do Pai Menni e do gusto de todos os asistentes.
Esta comida rematou cun postre especial realizado para a ocasión polos
cociñeiros do Centro.
As usuarias dos talleres ocupacionais
elaboraron unha bonita flor que levaron
como agasallo todos os asistentes a festa.
Como non podía ser menos, o dúo musical Caché
amenizou unha tarde chea de bailes e risas.
Os asistentes á festa, que foron cerca de 340
persoas, entre os que se encontraban amigos, familiares, colaboradores,
hermanas, voluntarios, usuarios e
monitores doutras asociacións, usuarios
do centro … disfrutaron dunha tarde agradable compartindo anécdotas ,
historias, risas e bailes.
A tarde estivo tan animada que a festa rematou máis
tarde do que se esperaba, xa que a xente non deixaba de bailar e pedir ó dúo
que non rematara o seu repertorio.
Todos esperamos con ansia que chegue a festa do ano
que ven. O Centro da as grazas a todos
os asistentes por compartir con eles un día tan especial e importante para
eles, e esperan velos de novo o ano que ven.